Segúndo o Regulamento da Real Federación Española de Piragüismo, o percorrideo contará cun número entre 18 e 25 portas para atravesar na direccción correcta i en orde correlativo. Deben ser
totalmente navegables e equitativas para palistas zurdos ou dereitos de C-1. O seu lonxitude mínima é de 250 metros e a máxima de 400 metros, e máis ou menos se debe poder facer nun tempo de
aproximado de 100 segundos nun barco na categoría K-1 homes. A distancia entre a ultima porta e a liña de chegada non debe ser inferior a 15 metros nin superior a 25. Este tipo de
piragüismo apareceu nuns Xogos Olimpicos por primeira vez en 1972 en Múnich, realizada o Eiskanal de Augsburgo. En 1992 Xogos Olímpicos de Barcelona foron realizadas no Parque del Segre Seo de
Urgel.
As portas constan de dous palos verticais, que a delimitan cun numero sobre fondo branco ou amarelo indicando o número de orde de paso da porta. Miden un mínimo de 1,2 metros de ancho, e de acordo
coa súa cor teñen que se atravesar na dirección a corrente (portas verde e branco) ou en sentido contrario á corrente, chamadas tamén "de remonte" (portas vermellas e brancas). Destas últimas só se
poden fixar entre 6 e 7 nun percorrido. Cada pau da porta está disposto a aproximadamente 20 centímetros da superficie da auga.
O paso da porta se inicia cando a embarcación, o corpo ou a pala do participante toca nun dos paus da porta, ou cando a cabeza do participanto, ou dun dos participantes cruza entre os paus que conforman a porta (plano de porta) e se finaliza cando se inicia o franqueo da porta seguinte.
Se a porta se fai no seu orde, o seu sentido, e sin tocar ningún dos dous paus, a penalización é de 0 puntos.
Si se toca co barco, pala, corpo ou cabeza do participante, a penalización é de 2 segundos.
Si non se fai no seu sentido, ou si directamente non se franquea, ou se fai volcado, se realiza pasando únicamente parte da cabeza, se moven os paus voluntariamente para franqueala, ou se entra e sae pola porta en dirección contraria, a penalización é de 50 segundos.
MODALIDADES
Hai tres tipos de modalidades según o tipo de embarcacións no slalom de Augas Bravas.
K1, ou Kayak; no que o palista vai sentado e cunha pala de dúas follas
C1, ou Canoa; no que o palista vai axeonllado e cunha pala de só unha folla
C2, no que son dous os palistas que compiten, e con cadansúa pala dunha sóa folla