Ferroatlantica e o CDM Piragüismo Dumbría firman un convenio de colaboración
No transcurso da presentación, José Manuel Pequeño e Carlos Oliete fixeron pública a existencia dun proxecto de adecuación do río Xallas
En España so hai tres instalación semellantes. Sort vive directamente do río, e no Parque Olimpico de La Seu se crearon 30 postos de traballo directos.
Carlos Oliete, J.Manuel Pequeño e Cesar Ferrío no acto de firma do convenioFerroatlantica e o CDM Piragüismo Dumbría, representadas ambas entidades polo Director das plantas da Costa da Morte de Ferroatlantica, Carlos Oliete, e por José Manuel Pequeño, alcalde de Dumbría.
O acto, como ambos coincidiron en sinalar, non era máis que estampar por escrito un feito que levaba anos acontecendo, como é o apoio que a empresa Ferroatlantica estaba dando a entidade deportiva sin que existise ningún acordo de patrocinio.
Pero a sorpresa do acto viu cando ambas entidades admitiron que estaban implicadas na intención de recuperar un tramo de trescentos metros por debaixo da presa do encoro de Fervenza, adecuandoo á practica do Slalom. Alcalde de Dumbría e Director de Ferroaltalntica se mostraron moi ilusionados co proxecto, e indicaron que o Secretario Xeral do Deporte, Ramón Lete visitara o lugar no que se pensa facer a instalación mostrandose moi ilusioando co proxecto e prometendo a súa implicación para sacalo adiante.
Catro segundos postos en Gondomar
O Piragüismo Dumbría consigue un terceiro posto por clubes.
Os máis pequenos foron os protagonistas este fin de semán
En Gondomar disfrutamos dun día de veránNon é o río Zamáns un deses de grandes caudales e amplas marxes, máis ben xusto de auga, estreitiño e ratoeiro, xusto ó que non están acostumados os rapaces do noso clube, mais afeitos a rios coma o Xallas, ancho, con corrente, máis técnico e menos físico.
Iso non quita que haxa que adaptarse, e uns mellor que outros o foron conseguindo. Notouse muito a xente que xa tiña algunha experiencia tanto neste rio coma en competición. Caseque todos os rapaces que competiron este fin de semán están moi escasiños de probas despois dunha temporada o ano pasado onde prácticamente se suspenderon todas as competicións a causa da seca.
Tendes máis información da competición na nosa sección de Novas
Copa Galega de Slalom de Mondariz:
Catro medallas e terceiro posto por clubes para o CDM Piragüismo Dumbría
Iago Canosa consigue o doblete, gañando a competición en C1 xuvenil i en K1 Cadete. Marco Oreiro no C1 Xuvenil e Aarón Nuñez tamén suben ó podium
Aarón en Mondariz camiño do podiumNun día primaveral (por fin ) Mondariz acollía agora a Copa Galega de Slalom que no seu momento fora aplazada dada a coincidencia de datas coa Copa do Segre, competición internacional na que foron varios os palistas galegos que se desplazaron alá a participar, entre eles varios do Piragüismo Dumbría.
O río presentaba un nivel moi semellante ó da semana anterior na copa de España, un puntiño máis alto se acaso, ideal para a disputa da competición, e hai que recoñecer que os palistas do CDM Piragüismo Dumbría estiveron á altura: Boa navegación e muitísimas menos penalizacións que a pasada semán no mesmo río pero na Copa de España.
Duas medallas para o CDM Piragüismo Dumbría na Copa de España celebrada en Mondariz o pasado fin de semán
Iago Canosa en K1 cadete, e xunto con Marco Oreiro no C2 xuvenil suben o podium para recibir dúas medallas de bronce
Iago Canosa e Marco Oreiro competindo na Copa do SegreA Copa de España que se celebra cada ano en Padrón, é unha das citas máis importantes da tempada para o CDM Piragüismo Dumbría. Normalmente esta competición debería de ter lugar en Padrón, no rápido do Lapido, pero o exceso de caudal que presentaba o río Ulla en días previos á competición non recomendaba a celebración da mesma no local previsto dadas as advertencias de aumento caudal anunciadas para o fin de semán.
A última hora, e ante a posibilidade de suspenderse a proba, apareceu a opción de Mondariz, na zona adecuada para elo polo Clube Tea, e que se normalmente non contaría o mellor cunha difucultade suficiente como para acoller unha Copa de España, este caudal precisamente o convirte nun lugar apto para a mesma.
O feito é que finalmente non choveu, e o caudal non foi tan alto, pero mesmo así Mondariz cumpliu para acoller a competición con solvencia.
A competición de Iago Canosa foi moi boa todo o fin de semán, pasando as rondas finais nun comodo sexto posto. Nas semifinais apretou un pouco máis pasando á final cun excelente segundo posto dado o altísimo nivel da súa categoría este ano. Finalmente a pesar de marcar o segundo mellor tempo da categoría, dúas penalizacións o relegaron o terceiro posto nunha competición moi ben xestionada polo palexeiro de Olveira internado no Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
Non foi esa a única medalla de bronce do CDM Piragüismo Dumbría nin do Olveirán, posto que tripulando xunto con Marco Oreiro o C2 xuvenil do clube acadouse outra medalla para o clube do Concello de Dumbría a pesar de ser un dos tripulantes cadete, e a pesar de que demostraron durante o fin de semán que poderían estar máis arriba no podium. Seguro que esta competición lles serve de aprendizaxe de cara a vindeiras citas.
Tendes o resto da crónica na nosa sección de novas





