O Club Deportivo Municipal de Piragüismo Dumbría nace a partir da creación por parte do concello de Dumbría dunha
escola municipal no ano 2007.
Despois duns meses de adestramento por distintos lugares do concello coma son o embalse da Fervenza, desembocadura do Xallas en Ézaro e tramos do rio Xallas , e dada a grande afluencia de
nenos/as, o seguinte paso foi a creación do club para poder competir nas distintas competicións organizadas pola Federación Galega de Piragüismo.
No ano 2007 no mes de setembro ainda sendo escola municipal, organizamos en Ponte Olveira a nosa primeira competición de piragüismo en augas bravas.
Os encargados de adestrar os rapaces/as no principio era a empresa de turismo activo Naturmaz. Coa creación do club no ano 2008 e acontratación do actual técnico Quique Portela demos
un gran salto de calidade en tódo-los sentidos.
Os nosos deportistas, cada vez máis preparados e dando cada vez máis guerra nas distintas competicións; aumentase o número de deportistas que chegan de toda a comarca, con o concello de Dumbría
como gran patrocinador e colaborando en todo o necesario… Nos anos 2009 e 2010 o rio Xallas acolleu a Copa de España de Xoves Promesas do Slalom, resultando un gran éxito tanto deportivo
coma organizativo. Así mesmo, Dumbría se convierte na sede dos Campeonatos Galegos de Slalom.
Xa no ano 2011, o club acada medallas, compite a gran nivel e incluso con piragüistas na selección Galega, como é competindo a nivel Nacional con grandes resultados.
A día de hoxe somos os Campeons Galegos de Promoción de Slalom, competición que engloba as categorías benxamín, alevín e infantil.
Isto é unha breve historia do noso club que seguramente seguirá medrando coma se merecen os nosos nenos/as