O noso club...
Rapazas e rapaces de toda a comarca forman parte do noso clube
A nosa primeira trepada ó Pindo, no ano 2009
No CDM Piragüismo Dumbría participan rapaces non só do noso concello, Dumbría, se non que acuden a entrenar e competir con el rapazas e rapaces de toda a Costa da Morte. Cee, Corcubión, Mazaricos, Vimianzo, Ponteceso, Muxía, Carballo... etc... o que dota a este clube dunha personalidade comarcal pero non exento dun forte sentimento de clube.
Pero este equipo non estaría completo sen a aportación de Pais e Nais, funcionarios do Concello, ou Patrocinadores. Eles son unha parte do equipo tan importante coma os própios palistas.
Foto da nosa primeira victoria por clubes en Tomiño





