A Paxina do CDM Piragúismo Dumbría

Taboeiro do club

Aquí aparecerán os avisos e anuncios do club dirixido os membros do mesmo para que estén o tanto dos asuntos diarios e anuncios da entidade.

Actividade Fin de semán 27-29

24-01-12

 

En toda esta semán non temos auga no río.Tiña pensado entrenar en auga todos os días a partir das 5, pero non vai ser posible, só os peques como coménto na mensaxe anterior. Así pois, o venres a idea é ir ó Ulla, saindo as 3:30 da Central de Fervenza, suspendendose o entreno para os Alevíns e os Benxamíns. O sabado pola mañán, ainda que non haxa auga, os peques entrenan igual no Couquiño. Unha vez finalizado ese entreno, os que ván participar na competición do fin de semán saimos camiño de Cerveira para entrenar.

 

Os que veñades tendes que traer 10 euros para pagar cena e almorzo. Durmimos no alguergue de Figueiró.

 

Tendes os que queirades ir, información de como se chega ó lugar da competición na nova da portada.

Entrenos en Xaneiro

24-01-12 

 

Durante o mes de xaneiro, empezamos a entrenar todas as tardes a partir das 5 no campo de slalom de O Couquiño. 

En todo caso, e debido á larga sequia que estamos padecendo, o rio non ten auga, e posto que non están turbinando estes entrenos se reservan únicamente os máis pequenos.

Cubre-Anorak

21-10-11

 

Envieivos un mail ofrecendovos un cubreanorak do clube . Penso que é unha ganga. Pensadeo.

O que teña dúbidas que me chame.

 

O inicio dos entrenos xa está a volta da esquina. Pouco queda, que a tempada é moi larga

 

Saudiños

O Piragüismo Dumbría, Tertuliano na Ser

22-09-11

 

Pois que sepades todos, que a partir de hoxe, todos os xoves as 3:30 da tarde Cesar Ferrío e Quique Portela, secretario e técnico do Piragüismo Dumbría respectivamente, participarán nunha tertulia que esta emisora emite sobre "Deportes Minoritarios", osease; todo menos futbol. O feito de ter semellante representación dí as claras o bó concepto que na comarca se ten do traballo tanto do Concello de Dumbría, coma do CDM Piragüismo Dumbría.

 

Calquera comentario que queiras facer sobre estes avisos, non dubides en engadilo no noso libro de visitas.