Campeonatos Galegos de Slalom 2011
O CDM Teixugos Gañan o Campeonato Galego de Slalom
O CDM Piragüismo Dumbría liderou a Clasificación por Clubs dos Campeonatos Galegos de Slalom disputados este fin de semán en Dumbría. O Segundo escalón do podium o ocupou o Club Tea de Mondariz Balenario, e os terceiros foron os Clube Quixos de Monforte de Lemos. O Clube organizador, o Piragüismo Dumbría foi quinto.
Adxuntamosvos as clasificacións finais tanto por clubes coma das finais para que podades ver todas as medallas e tempos dos participantes. Recordovos que faltan todos os que non pasaron o corte das preliminares, pero neste momento non dispomos desa clasificación.
Saudos, e norabóa a todos pola fantástica competición da que nos fixestes disfrutar.
Claficación individual das Finais
Pronto disporemos dunha amplia reportaxe de video dos campeonatos.
Un ano máis, Dumbría ten o privilexio de organizar os Campeonatos Galegos de Slalom para as categorías Cadete, Xuvenil, Senior e Veterán. O lugar será o Campo de Slalom do Couquiño, en Olveira, os vindeiros 24 e 25 de Setembro.
Programa
Sabado 24 de Setembro
Entrenamentos. Cada clube deberá solicitar hora de auga. Se non, tamén se habilitarán horas libres para os que non o soliciten.
Domingo 25 de Setembro
09:00 a 09:30 h. Confirmación de inscricións.
10:00 h. Reunión informativa cos xefes de equipo.
11:00 h. Clasificatoria una manga de todas as categorías.
12:30 h. Final 1 manga de todas as categorías.
13:30 h Slalom por equipos
14:30 h. Entrega de Medallas
Os problemas de auga xa foron totalmente solucionados, e xa temos garantido o caudal tanto para a copetición coma para a xornada de adestramentos, o sabado, dende as dez da mañan ata as 8 da tarde.
Facilitamosvos ademáis unha pestaña con un listado de aloxamentos no noso concello, ainda que ademáis, coma todos os anos, se habilitará a zona de Vilafernandez para acampada, onde finalizada a competición tamén organizaremos un xantar para os participantes.
O CDM Piragüismo Dumbría e o Concello de Dumbría vos invitan a todos a asistir a este importante evento. Proximamente iremos ampliando a información sobre este campeonato.
Listas de Inscritos
Dispomos xa duns ordes de saida provisionais, posto que ainda non están incluidas as Patrullas, que se inscribiron máis tarde de Tea, Teixugos e Valmiñor.
Aqui vos deixamos os enlaces.
Horarios de Entreno
ATENCIÓN OS CAMBIOS DE PROGRAMACIÓN DE ÚLTIMA HORA DA CENTRAL HIDROELECTRICA DE FERVENZA.
Isto RETRASA DUAS HORAS OS HORARIOS DE ENTRENO DA MAÑAN.
Lamentamos as molestias que poida xerar este cambio de última hora.
|
de 10 a 11 horas |
NON HAI AUGA |
|
de 11 a 12 horas |
NON HAI AUGA |
|
de 12 a 13 horas |
VALMIÑOR |
|
de 13 a 14 horas |
QUIXOS/ PENEDO |
|
de 14 a 15 horas |
TEA |
|
de 15 a 16 horas |
TEIXUGOS |
|
de 16 a 17 horas |
VALMIÑOR |
|
de 17 a 18 horas |
PENEDO/DUMBRIA |
|
de 18 a 19 horas |
TEA |
|
de 19 a 20 horas |
TEIXUGOS |
Un saudo a todos.





